Skip to main content
Lugo

Cidadáns tilda de “chapuza” a administración electrónica de Lugo

Por 21 Abril, 2021Sin comentarios

A portavoz municipal de Cs, Olga Louzao, cualificou esta mañá como “chapuza” o proxecto de administración electrónica actual do Concello de Lugo e acusou o Goberno local de falta de previsión ante o terceiro bloqueo polo mesmo asunto en menos dun ano. “O colapso da web municipal certifica o fracaso da administración electrónica en Lugo. O continuo atraso na súa implantación, a ausencia dun proxecto sólido e a falta de previsión supoñen un problema maiúsculo nun período de especial dificultade derivado da crise sociosanitaria. O labor do Goberno local de Méndez foi neste caso, un máis, un auténtico despropósito”, sinalou a edila da formación laranxa.

Louzao considera inadmisible que a alcaldesa tente negar a evidencia cando centos de lucenses víronse afectados onte por este colapso que pon en cuestión a igualdade de oportunidades. “O Goberno local mente descaradamente cando nega que o servizo se chegase a bloquear. O certo é que cando a administración electrónica leva implantada en centos de concellos galegos dende hai anos, Lugo chega tarde, mal e a rastro e cunha década de atraso. É necesario que o Goberno local recapacite, deixe de negar a evidencia, e achegue solucións para os empresarios que onte quedaron fóra desta liña de axudas por un servizo deficiente do funcionamento da administración electrónica”, continuou.

“A falta de previsión é inaceptable. Levamos todo o mandato denunciando esta situación, preguntando polos prazos de implantación, demandando acelerar os prazos, esixindo estándares de calidade adecuados, pedindo dimensionar os servidores… Nos pasados meses, mesmo tivemos que recorrer á Valedora do Pobo para que intercedera ante o Concello para desbloquear este desastre cuxa principal causa é a falta de vontade política do Lara Méndez, quen sempre ha subestimado o valor deste tipo de ferramentas e a súa importancia como servizo público, así o evidencia que os seus gobernos escatimasen en investimento e no desenvolvemento desta ferramenta vital considerándoo un proxecto non prioritario”, concluíu.