Skip to main content
Lugo

O PP denuncia a falta de auga no Pazo dos Deportes

Por 23 Abril, 2021Sin comentarios

O PP denuncia que o Pazo dos Deportes leva sen auga dende mediados do pasado mes de marzo e insta ao goberno provincial a contratar canto antes as obras de reparación. Este pavillón, que serve de cancha ao Bregogán e a outros clubs que son os grandes embaixadores deportivos de Lugo, leva sen auga dende mediados de marzo, debido a unha rotura na rede de subministro, situada entre o propio Pazo e o seu anexo, de maneira que os deportistas, despois de adestrar, teñen que ir ducharse ás súas casas, segundo o deputado provincial popular Óscar Poy. Poy, en nome de grupo provincial do PP, insta ao goberno provincial a adoptar de inmediato as medidas precisas para reparar a fuga e normalizar o subministro de auga a esta instalación deportiva.

“O entendemento no seo do bigoberno provincial non sempre é tan bo como queren facer ver socialistas e nacionalistas. Nalgúns ámbitos lucenses asegúrase que as diferenzas entre as dúas partes do goberno retrasan a solución do problema” asegura. En todo caso, segundo declara o propio deputado, “o urxente é que se poñan mans á obra para reparar a avaría e solucionar o problema, porque que se manteña debería avergonzar ao goberno da Deputación, presidido polo socialista José Tomé”.

Como xa se dixo, dende mediados do pasado mes de marzo, os deportistas que adestran no Pazo dos Deportes de Lugo non se poden duchar ata que chegan ás súas casas. Cando hai partido, e a pesares da fuga, dan auga e os xogadores e os árbitros poden ducharse. Nestes casos, dan auga dende unha hora antes do partido, ata unha hora despois de que remata.

Poy sinala: “Esta é unha mostra máis da ineficacia do bigoberno presidido por Tomé e de como a súa deficiente xestión dana a imaxe da provincia de Lugo. É hora de que cambien o paso e empecen a traballar para servir a Lugo”.