Skip to main content
Lugo

PP propón crear un diploma do paso por Lugo para peregrinos

Por 23 Abril, 2021Sin comentarios

Os populares defenderon na pasada mañá en comisión un rogo para que se deseñe un diploma tipo a Muxiana, Fisterrana ou Compostela, para aqueles peregrinos que veñen dende Oviedo, ou ben como mínimo dende o límite da provincia de Lugo. A concelleira popular Beatriz Vázquez fixo esta petición logo de manter un encontro coa directiva da Asociación de Amigos do Camiño, entidade que traballa para potenciar o Camiño e que este sexa un atractivo turístico de primeira para Lugo.

Beatriz Vázquez explica “o paso dos peregrinos que veñen da Fonsagrada beneficiaría máis á hostelería, que se toman como punto de partida Lugo, xa que farían noite na cidade e máis gasto en establecementos do municipio”. O diploma que queremos que se deseñe que debería de incluír os tres patrimonios da cidade, sería un aliciente para moitos peregrinos que coleccionan este tipo de documentos que acreditan e dan a benvida á cidade aqueles que fan a ruta do Camiño Primitivo”.

Os populares cren que “ainda estamos a tempo de recuperar o tempo perdido á hora de promocionar e captar peregrinos de vilas con tradición xacobea e impulsar á cidade de Lugo como lugar de paso do Camiño Primitivo” e piden ao bigoberno “que tomen decisións e traballen para favorecer a súa posta en valor”.