Skip to main content
Lugo

O PP de Lugo propón fraccionar os recibos das taxas

Por 25 Abril, 2021Sin comentarios

O voceiro popular suxeriu “a posta en marcha dun programa de pago en dez meses dos impostos do IBI, IAE, Taxas de lixo e Imposto de Tracción Mecánica de Vehículos”. Este plan de pago fácil permitirá, aos contribuíntes que desexen acollerse a esta fórmula de forma voluntaria, e sen ningún tipo de interese ou recargo, aboar mensualmente unha cuota fixa”. Carballo matizou que “o feito de agrupar estes catro recibos nun só, permitindo fraccionar o importe total, contribuirá a mellorar a planificación da economía doméstica”. O abono da suma dos impostos que cobra o Concello se podería realizar en 10 mensualidades que se cargarían nos primeiros días hábiles  dos meses de febreiro a novembro.

Con esta proposta “buscamos que sexa máis cómodo e doado o pago dos impostos e por outro, buscamos  adaptar as Ordenanzas ao contexto actual da crise económica provocada pola pandemia”. “Esta é  unha das propostas nas que traballa o Grupo Municipal para mellorar as Ordenanzas Fiscais do vindeiro 2022” manifestaba o voceiro popular.

Os populares esperan que o bipartito non faga oidos xordos a esta proposta “somos conscientes de que estas axudas non serán a solución ao problema económico pero si servirán de axuda para aliviar a difícil situación do tecido comercial e industrial do municipio”. Carballo facía esta reflexión logo de lembrar que socialistas e nacionalistas rexeitaron a petición do seu Grupo de non cobrar o lixo e a auga a autónomos e pemes afectados polo Covid 19.  O popular lamentou que o bipartito rexeitase “modificar as ordenanzas necesarias para dar cobertura normativa a exencións e descontos no pago das taxas de lixo e auga a negocios ou pequenas empresas pechadas ao público como consecuencia do Estado de alarma polo covid 19”

 O popular explicou que “estas acehgas que facemos son perfectamente realizables só hai que ter vontade política para levalas a cabo”. Carballo animaba a Paula Alvarellos a ir tomando nota das peticións que lle presentamos de cara a modificación das ordenanzas fiscais para o 2022 xa que “son útiles e positivas para os veciños e veciñas de Lugo”.