Skip to main content
Lugo

O Concello de Lugo pon en marcha unha nova acción formativa online e gratuíta

Por 26 Abril, 2021Sin comentarios

O Goberno de Lara Méndez promove unha nova acción formativa para mozos e mozas  emprendedores, coa colaboración da Fundación Incyde, e cofinanciada polo Fondo  Social Europeo (FSE). Trátase do programa Liderazgo e novos modelos de negocio,  impartido por expertos e especialistas no ámbito empresarial, que ofrecerá a posibilidade  de formarse de forma online e gratuíta, seguindo a metodoloxía e-learning, a 25 persoas  menores de 30 anos.  

Esta acción formativa dará comezo o 31 de maio e terá unha duración de sete semanas,  estando prevista a data de finalización para o 16 de xullo. O programa pretende servir  como ferramenta de identificación de oportunidades e achegamento ás mesmas, afondando, entre outras cuestións, nos seguintes contidos: competencias no liderado e o emprendemento sostible no tempo, liderazgo na capacidade negociadora do emprendedor, liderazgo no control das emocións, liderazgo no financiamento e liderazgo na xestión do tempo.  

As inscricións para participar nesta formación xa se atopan abertas na web de Incyde e as prazas ofertadas cubriranse por  rigorosa orde de entrada das solicitudes.  

Obxectivos e tipoloxía das sesións de formación  

Os obxectivos do programa son ofrecer aos participantes unha estratexia de definición, impulso e control da súa  iniciativa empresarial dende unha perspectiva integral innovadora, favorecer a implementación de modelos de negocio con capacidade de dar resposta  ao cambio continúo facendo fincapé na innovación como motor de crecemento  competitivo e redefinir a estratexia competitiva do modelo de negocio actual dos participantes  buscando unha maior competitividade e adaptabilidade de resposta ao cambio.  

Así mesmo, organizaranse dous tipos de sesións: sesións de formación conxunta e accións de acompañamento e consultoría individualizada.