Skip to main content
Lugo

A Xunta entrega en alugueiro unha vivenda de promoción pública

Por 26 Abril, 2021Sin comentarios

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda adxudicou en réxime de alugueiro unha vivenda de promoción pública situada na rúa Fermín Rivera, en Lugo. 

Trátase dun piso de 64,50 metros cadrados con dous dormitorios, e dispón tamén de garaxe e rocho. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou esta mañá no acto de entrega das chaves.

Arias lembrou que a Xunta dispón dun parque residencial de 2890 vivendas no municipio de Lugo, das cales 41 corresponden a esta promoción do barrio da Ponte. Son xestionadas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), que se encarga de acometer as reparacións necesarias -de ser o caso- e realizar os chamamentos seguindo os listados de adxudicatarios de cada concello.

As persoas interesadas en optar a futuras adxudicacións deberán estar inscritas no Rexistro Único de Demandantes, trámite que poden realizar en calquera momento tanto de xeito presencial como a través da sede electrónica da Xunta. Os listados de candidatos determínanse mediante un sorteo ante notario entre todas as persoas inscritas.