Skip to main content
Lugo

Publicadas as listaxes provisionais de admisión nas escolas infantís municipais

Por 27 Abril, 2021Sin comentarios

O concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, informou que no día de onte se publicaron as listaxes provisionais de solicitudes nas escolas infantís xestionadas polo Concello de Lugo. Felipe Rivas informou que “vimos de publicar o listado de solicitudes que foron admitidas ou desestimadas por falta de documentación, que poderá ser achegada ata o 7 de maio”. A documentación poderá presentarse mediante o rexistro electrónico do Concello de Lugo, o rexistro presencial solicitando cita previa ou calquera outro rexistro público.

Unha vez se peche o procedemento de achega de documentación, a Concellería de educación publicará as listaxes definitivas, e iniciará o procedemento de adxudicación de prazas. As listas poden consultarse nos taboleiros de anuncios das distintas escolas e do Concello de Lugo, ademais de nas oficinas da Concellería de Educación.