Skip to main content
Lugo

Comezan os traballos para reparar a fuga de auga do Pazo

Por 27 Abril, 2021Sin comentarios

Na mañá de onte comezaron os traballos para reparar a fuga detectada na subministración de auga no Pazo. A área de Deportes puxo en marcha unha contratación de urxencia para reparar a rotura da canalización na parte posterior do edificio.

O deputado de Deportes Efrén Castro sinalou que “actuamos coa máxima rapidez para dar resposta a esta situación que non impediu o uso das instalacións en ningún momento pero si dificulta o seu funcionamento habitual durante os partidos”

“Esta mañá comezaron os traballos de prospección para localizar o punto exacto da fuga e logo reparar as canalizacións afectadas pola rotura. O tempo de reparación dependerá da magnitude do dano pero cremos que é posible que durante a semana se recupere a normalidade na subministración”, explicou o deputado.

O abastecemento de auga estivo garantida durante os partidos de Ensino e Breogán para o uso dos baños por parte dos equipos. Dacordo co protocolo de normas de uso e prevención fronte á Covid 19 das instalacións, elaborado para recuperar a actividade no recinto e compatibilizar a práctica deportiva coa saúde colectiva durante a pandemia, o uso das duchas está restrinxido tanto nos adestramentos como nos partidos.