Skip to main content
Lugo

A Delegación Territorial acolle a mostra Aquela nena de Sarria

Por 28 Abril, 2021Sin comentarios

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolle dende onte a exposición Aquela nena de Sarria, en homenaxe a Xela Arias no ano no que se lle dedica o Día das Letras Galegas; está elaborada polo Colectivo Egeria co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Na inauguración participaron o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e o presidente de Egeria, Xulio Xiz, entre outros. A mostra está composta por tres prismas con paneis que reflicten aspectos da vida da autora xunto con poemas e textos que lle dedican dende destacados escritores galegos ata alumnos e alumnas dos institutos sarriáns Xograr Afonso Gómez de Sarria e Gregorio Fernández. Tamén inclúe fotografías facilitadas pola familia de Xela e debuxos da pintora lucense Sabela Arias.