Skip to main content
Lugo

Europa destaca o proxecto Life Lugo+Biodinámico

Por 28 Abril, 2021Abril 30th, 2021Sin comentarios

Europa aplaude o impacto que está a ter o proxecto LIFE Lugo+Biodinámico, do Concello de  Lugo, no impulso do uso da madeira na construción e, polo tanto, o que supón de impulso tamén  para o sector forestal. Manifestouno hoxe Dimas Ramos, monitor da Axencia Europea Executiva do Clima, da Comisión Europea, que participou nas comisións de xestión e de dirección do LIFE,  esta última presidida pola alcaldesa de Lugo, Lara Méndez. 

“Europa está moi atenta ao proxecto de Lugo, que busca naturalizar as cidades”, comentou o  monitor, que incidiu que se a aposta polas “urbes máis abertas, sostibles e agradables para a  cidadanía e a súa contorna era unha liña moi clara europea, trala pandemia se ve que é aínda  máis importante”. No caso da estratexia impulsada pola rexedora de Lugo, sinalou que “un dos  maiores impactos que está a ter é que se empeza a ver a madeira, non só como un material de  uso tradicional e de adorno, senón como un material avanzado e moderno para a construción”. 

O uso da madeira e o seu valor na loita contra o cambio climático grazas á redución das emisións  de C02 e á súa eficiencia enerxética son algunhas das claves destacadas. Neste senso, durante o  desenvolvemento das comisións se puxeron como exemplo o edificio municipal Impulso Verde e a  construción do barrio multiecolóxico, o primeiro de España. Así mesmo, explicouse o avance  doutras accións, como a creación do bosque urbano das Gándaras, de 24 hectáreas, e a  recuperación do humidal e a súa declaración como ENIL (Espazo Natural de Interese Local).