Skip to main content
Lugo

Lugo busca mellorar a súa imaxe a través da campaña Lugo km 100

Por 30 Abril, 2021Sin comentarios

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, informou das accións realizadas polas distintas áreas do Goberno de Lugo de cara a mellorar a imaxe da cidade e mellorar a promoción turística. Maite Ferreiro explicou que “estamos traballando, desde as distintas áreas do goberno, na promoción de Lugo como centro neurálxico do turismo de proximidade na Galiza”.

Maite Ferreiro destacou “o esforzo realizado polas áreas dependentes da Tenencia de Alcaldía do Goberno de Lugo na mellora do camiño primitivo, o que permitiu que todas as persoas que chegan a Lugo poidan desfrutar do pecorrido do camiño completamente renovado”, e avanzou que se continuarán a realizar accións “para mellorar a imaxe de Lugo, tanto no treito do camiño primitivo como no resto de zonas do concello”

A edil nacionalista explicou que “Lugo está estratexicamente colocado a 100 quilómetros das principais zonas turísticas de Galiza, como a Mariña, a Ribeira Sacra ou Compostela”. Segundo Maite Ferreiro “Lugo conta ademais cun gran patrimonio histórico e turístico, con tres patrimonios da humanidade, o que nos converte nun atractivo turístico de primeira orde dentro do turismo de interior co que moi poucas cidades poden competir”.