Navia de Suarna

Extinguido un lume que calcinou 20 hectáreas en Navia de Suarna

Por 8 Abril, 2021Abril 9th, 2021Sin comentarios

Sobre as 2.20 horas desta madrugada quedou extinguido o incendio forestal rexistrado na parroquia de Queizán, en Navia de Suarna, que arrasou unhas 20 hectáreas de terreo.

O lume orixinouse pasadas as 16.00 horas deste mércores e na súa extinción traballaron 1 técnico, 4 axentes, 9 brigadas, 4 motobombas e 4 helicópteros.

Segundo as últimas estimacións, a superficie total afectada foi de 18,5 hectáreas, das cales 16 foron de monte raso e as 2,5 restantes de arborado.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento, o 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais pode ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios85.