Skip to main content
Ribeira de PiquínSamos

Samos e Ribeira de Piquín adheridos á iniciativa para dispoñer de caixeiros automáticos

Por 30 Abril, 2021Sin comentarios

Un total de 25 concellos adheríronse ao protocolo de colaboración asinado entre a Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para facilitar o acceso aos servizos bancarios e financeiros nos concellos do ámbito rural, entre os que se atopan Samos e Ribeira de Piquín. Así se desprende dun informe presentado este xoves polo conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, no Consello de la Xunta, e do que informou a Administración autonómica nun comunicado.

A iniciativa consiste na instalación de caixeiros automáticos nos municipios, a prestación dun servizo de asistencia financeira que permita, de forma similar a unha oficina bancaria convencional, solucionar de forma presencial as dúbidas dos clientes: e a oferta de formación financeira e banca electrónica para adquirir nocións básicas e aprender a utilizar os servizos bancarios a través das novas tecnoloxías.

Os concellos que xa solicitaron a súa adhesión son: Aranga, Vilasantar, Dumbría, Lousame, Paderne, Cabanas e Dodro, na provincia da Coruña; Ribeira de Piquín e Samos, na de Lugo; e os municipios de Carballeda de Avia, Larouco, Vilar de Santos, Arnoia, Petín, Xunqueira de Ambía, Chandrexa de Queixa, Xunqueira de Espadanedo, Lobeira, Piñor, Porqueira, Os Blancos, A Teixeira, A Peroxa, Melón e Oímbra, na de Ourense.

A Xunta sinala que os concellos interesados en formar parte desta iniciativa débense adherir ao protocolo asinado entre o Goberno galego e a Fegamp, e asinar os correspondentes convenios de colaboración coa Administración autonómica. Estes municipios non terán que facer ningunha achega económica e só deberán ceder e acondicionar os espazos necesarios para a instalación dos caixeiros e a prestación dos servizos de asesoramento financeiro e formación.