Skip to main content
Comarca RIBEIRASACRAXA

Negativa á variante de Rubián da liña ferroviaria Lugo-Ourense

Por 28 Abril, 2021Sin comentarios

O Goberno confirma que o ministerio de Transportes, Mobilidade e Axencia Urbana e Adif non construirán a variante de Rubián (Bóveda) da liña ferroviaria Ourense-Lugo. Así se desprende da resposta emitida á pregunta formulada no Congreso polos deputados do PP de ambas as dúas provincias, Jaime De Olano, Joaquín García Díez, Celso Delgado e Ana Vázquez, e que indicaba o seguinte: “A recente licitación do proxecto Túnel de Oural, implica que o MITMA abandona a construción da variante de Rubián, na cal se achaba incluído devandito túñel?”

A resposta literal é a que se indica a continuación: “Sin prexuízo de actuacións a maior prazo, nestes momentos, o Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana, a través de ADIF, está concentrado na mellora da liña existente, onde investirá 546 millóns de euros na modernización e mellora do corredor”.

“A licitación das obras para a Construción do túnel de Oural enmárcase dentro das actuacións necesarias para a electrificación da liña entre Ourense e Lugo, debido ás necesidades que esta actuación esixe. O actual túnel presenta un deseño e unha lonxitude tal que non permite, con menores actuacións, albergar todos os elementos necesarios (gálibo, corredores de evacuación, etc.) para dar cumprimento ás actuais normativas e requisitos de seguridade na circulación, interoperabilidade e gálibo. Por esta razón é necesaria a execución dun novo túnel, quedando o actual como galería de emerxencia”, engadiu.

Con estes datos, os deputados do PP consideran que se demostra que, “por unha clara vontade de abandonar á nosa provincia por parte do Executivo de Sánchez”, os lucenses non disporán da mellora que implicaría a execución desta variante. Concretamente, unha redución de 12 minutos na viaxe por tren. A construción do enlace dos Peares elevaría este tempo de aforro aos 23 minutos e coas dúas variantes en servizo, Lugo e Madrid quedarían situadas a 3 horas e 20 minutos.

Esta pregunta xurde logo de que o Goberno tampouco precisase nin concretase nada respecto do estado dos contratos entre o ministerio e Ineco referidos ás variantes e se ían someter estes proxectos a información pública, posto que o propio Goberno dicía en febreiro de 2020 que contaba cos estudos informativos redactados. Daquela os populares de ambas as dúas provincias xa advertían que non se ían render e que seguirían presentando iniciativas parlamentarias para que o ministerio rectificase na súa decisión.