Skip to main content
Bóveda

O PAI de Bóveda abre este venres o prazo de matrícula

Por 15 Abril, 2021Sin comentarios

O Concello de Bóveda vén de anunciar a apertura do período de matriculación no Punto de Atención á Infancia (PAI) da localidade. Estará aberto desde mañá, venres 16, ata o 30 de abril, ámbolos dous días incluídos.

A inscrición debe realizarse nas dependencias municipais, en horario de 9.30 a 14.30 horas. As persoas interesadas deben presentar a solicitude e maila documentación que se especifica na propia folla de inscrición.

A listaxe definitiva de admitidos publicarase no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello, así como tamén no propio PAI. Os representantes dos nenos e nenas admitidos recibirán notificación por escrito da resolución.