Skip to main content
Bóveda

A Deputación inicia en Bóveda as obras que unen Teilán e Paradela

Por 24 Abril, 2021Abril 26th, 2021Sin comentarios

A Deputación de Lugo vén de iniciar os traballos de mellora da estrada provincia LU-P-0907, que comunica a parroquia de Teilán co concello de Paradela, no termo municipal de Bóveda. Unhas actuacións nas que a institución inviste 93.170 €.

Estas obras afectan a máis de 3 quilómetros desta vía, entre os puntos quilométricos 0 e 3,2. Consisten na reapertura de cunetas, en pavimentar con aglomerado en quente e na realización da correspondente sinalización horizontal mediante marcas reflexivas brancas. O prazo de execución é de 9 meses, aínda que é probable que estean os traballos estean rematados nun tempo inferior.

A mellora da mobilidade é unhas das prioridades marcadas polo Presidente no Orzamento da Deputación para este ano 2021, no que decidiu aumentar as partidas para as estradas nun 14%, ata acadar os 16M€. Unhas estradas en boas condicións, entende Tomé Roa, son necesarias para aumentar a calidade de vida dos veciños e veciñas, e favorecer a igualdade de oportunidades e o reequilibrio territorial.