Skip to main content
Chantada

Actividades en Chantada para a celebración do Día do Libro

Por 22 Abril, 2021Sin comentarios

O concello de Chantada organiza actividades ata o día 28 deste mes para a celebración do Día do Libro. Tras as actividades realizadas nos días pasados, a próxima xornada dará comezo o martes 27 de abril, no que se fará un contacontos: “Max e Lea” de Estefanía Padullés. A actividade levarase a cabo no Espazo Xove de Chantada e terá un límite de aforo.

O mércores 28 de abril as 18:00h haberá un recital literario diante da porta sur do Espazo Xove, na rúa que limita con Avelino Gómez Ledo. Poderá ir público en xeral e contará cun aforo limitado.

Finalmente, recórdase que dende o martes 20 ata o mércores 28 deste mes durante toda a tarde haberá un tren de libros no que se poderán recoller libros para poder lelos e ao mesmo tempo, tamén se poderán deixar para compartilos con outras persoas. Esto estará presente na planta baixa do Espazo Xove e poderá participar todo o público que o desexe.