Skip to main content
Chantada

Chantada recolle plásticos de silos

Por 27 Abril, 2021Sin comentarios

O Concello de Chantada acometerá a recollida de plásticos de silos grazas ao novo convenio entre o propio Concello e entidades comerciais adicadas a este tipo de lixo. A recollida procederase porta a porta na explotación gandeira de que se trate.

Os usuarios que interesen a recollida de plásticos de silo deberán de poñerse en contacto co teléfono 670052257 (Punto Limpo de Chantada), onde será anotada a solicitude e pasarase a recoller nos días seguintes, segundo a ruta que lle corresponda, e baixo os seguintes condicionados:

Os plásticos deberán estar depositados en dúas moreas por tipo (plásticos -cor branca ou negra- de embolar por un lado e plástico de silo fixo ou trinchera por outro), nun lugar de fácil acceso para o vehículo de recollida, sen atrancos que a entorpezan ou ralenticen e dentro da explotación. Non se poderán depositar en bens de uso ou dominio público, lembrando a prohibición de depositalo nos contenedores de lixo ou ao seu carón.

Os plásticos deberán ir limpos de terra (só plásticos de silo, non se aceptarán nin cordóns, nin garrafas, nin calquera derivado da actividade agrícola).