Skip to main content
Axenda Caducada

A ITV agrícola estará en Folgoso do Courel en maio

Por 26 Abril, 2021Maio 12th, 2021Sin comentarios

A unidade móbil da Inspección Técnica de vehículos agrícolas desprazarase ao Concello de Folgoso do Courel no mes de maio.

A unidade prestará servizo no antigo Colexio de Folgoso do Courel o día 11 de maio do 2021, dende as 09.00 ás 13.30 horas e na área recreativa de Piñeira o día 12 de maio do 2021, dende as 09.00 ás 13.30 horas.

Aqueles que no ano 2020 pasaran a inspección en setembro deberán acudir tamén nestas datas, xa que a unidade móbil non visitará o Concello novamente ata o ano 2022.

As persoas interesadas deben solicitar cita previa chamando ao teléfono 902 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com.