Skip to main content
Monforte

A Torre da Homenaxe lucirá de azul este domingo no Día do Autismo

Por 1 Abril, 2021Decembro 13th, 2022Sin comentarios

Como xesto simbólico e en sinal de apoio ás persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA), o Concello de Monforte iluminará mañá domingo, pola tarde-noite, a Torre da Homenaxe de cor azul con motivo da conmemoración do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.

Monforte súmase así á campaña mundial que promove Autism Speaks, co apoio de Autismo Europa, Autismo España e Autismo Galicia. A  través do lema ‘Podo aprender. Podo traballar’, a campaña pon este ano o foco na educación e o emprego, dúas áreas fundamentais para mellorar a calidade de vida das persoas con TEA e conseguir a súa participación efectiva na sociedade.

No pasado ano 2020 ilumináronse en España máis de 350 monumentos, 35 deles en Galicia. Este ano, as diferentes asociacións implicadas buscan o reto de chegar a 400 entidades iluminadas en España, e unha será a Torre da Homenaxe monfortina.