Skip to main content
Monforte

O Concello de Monforte alerta aos veciños dunha posible fraude

Por 8 Abril, 2021Abril 10th, 2021Sin comentarios

O Concello de Monforte vén de alertar aos veciños e veciñas dunha posible fraude que se está a rexistrar no termo municipal. Segundo explican, varias persoas recibiron chamadas nas que o interlocutor se identifica como da empresa ‘Hidroking’ e ofrécese a realizar unha análise de auga nas casas, “alegando que a auga de Monforte se atopa en moi mal estado”.

Ante estes feitos, o Concello de Monforte quere deixar claro que en ningún momento encargou a unha empresa o servizo de análise de auga, ao tempo que lembran que a auga está “en perfectas condicións para o consumo humano” no municipio.

Recomendan aos veciños que reciban estas chamadas que o poñan en coñecemento da Policía Nacional.