Skip to main content
Monforte

Presentan en Monforte o novo camión grúa para servizos de mantemento

Por 22 Abril, 2021Abril 23rd, 2021Sin comentarios

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, presentou o novo novo camión grúa do Concello destinado a facilitar os traballos en altura das brigadas municipais de servizos, relativos ás labores de mantemento e conservación nas instalacións de alumeado público exterior. No acto estivo acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, así como polo Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada.

Este novo vehículo municipal para o departamento de servizos foi adquirido polo Concello á empresa Grúas y Autoventas Betanzos por un importe de 29.999 euros.

“Con este novo vehículo”, destacou o alcalde, “facilitamos ó noso persoal de servizos a realización dos traballos en altura relativos ás labores de mantemento e conservación nas instalacións de alumeado público exterior, como pode ser a reposición de lámpadas, de equipos auxiliares, farois, etc. E o vehículo está equipado cos elementos necesarios para que se poidan desenvolver ditos traballos de forma segura e en condicións ergonómicas axeitadas.”

Ademais, o novo camión foi rotulado co logotipo do Concello, rotulándoo tanto nas súas portas como na caixa para os operarios ubicada no extremo da grúa.

Especificacións técnicas

O vehículo con plataforma elevadora móbil para persoas é un camión modelo NISSAN NT400 CABSTAR. O camión está homologado, dispón de declaración CE de conformidade, cumpre as condicións de seguridade para este tipo de vehículos de uso público e é apto para ser conducido por persoas con carné do tipo B.

O vehículo adquirido polo Concello dispón dunha ampla maniobrabilidade, e conta cun reducido consumo de combustible e mínimas emisión.

O camión modelo NISSAN NT400 CABSTAR conta cunha cabina de 3 prazas (incluído condutor), de MMA ata 3500 kg e acabado en color branco, e está rotulado co escudo do Concello de Monforte, tanto nas portas do vehículo como na cabina destinada ós operarios. Conta coas seguintes características técnicas:

  • Chasis ríxido
  • Motor diésel de aproximadamente 120 CV de potencia.
  • Caixa de cambios manual.
  • Freos de disco dianteiros e traseiros.
  • Kilometraxe máxima de 115.000 km.

Características técnicas da plataforma elevadora de persoas

Os requisitos técnicos da plataforma son:

  • Altura máxima de traballo de 15 metros para 2 operarios.
  • Capacidade da cesta : 2 operarios.
  • Xiro de cesta: 50º.
  • Mandos de accionamento: duplicados.

Extras do conxunto

  • Contador de horas de funcionamento.
  • Toma de corrente na cesta.
  • Armario lateral para material e ferramentas.
  • Caixa de ferramentas para axustar na cesta.
  • Porta escaleiras.
  • Calzos para as rodas.
  • Luces de sinalización rotativas.
  • Sinal sonora marcha atrás.
  • Rotulación personalizada do Concello de Monforte.