Skip to main content
Monforte

O Concello de Monforte busca cartel anunciador das festas patronais

Por 29 Abril, 2021Abril 30th, 2021Sin comentarios

O Concello de Monforte convoca o XXVI Concurso de deseño de carteis das festas patronais, co fin de escoller o cartel anunciador das festas do ano 2021.

Haberá que participar con obras de creación propia, orixinais e inéditas. A técnica e o formato será libre sempre que sexa apta para a reprodución mediante cuatricromía.

Os deseños deberán incluír o texto Monforte de Lemos Festas Patronais do 11 ó 16 de agosto 2021, distribuído do xeito que escolla o autor.

A entrega de orixinais realizarase persoalmente ou por correo no Rexistro Xeral do Concello de Monforte dende a data da convocatoria ata o 3 de maio de 2021.

Establécese un único premio que será o cartel anunciador e a portada do programa das Festas 2021 e dótase cunha cantidade de 1.000 euros, impostos incluídos.

A decisión do xurado farase pública o luns 10 de maio.