Skip to main content
Quiroga

O Concello de Quiroga dota dunha axuda económica aos hostaleiros locais

Por 26 Abril, 2021Abril 29th, 2021Sin comentarios

O Concello de Quiroga, grazas a un convenio coa Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia, vai colaborar economicamente nunha axuda que recibirán os hostaleiros locales. Dita axuda está dirixida aos autónomos e pequenas empresas que tiveron que pechar o seu negocio tras as medidas sanitarias adoptadas pola Xunta de Galicia a causa do covid-19 en xaneiro.

Dos 33 locales que solicitaron a axuda, xa se lle concederon a 28, mentras que o resto está pendente de revisar se cumplen cos parámetros marcados na normativa da Xunta de Galicia. Estas axudas que oscilan entre os 1.900 e os 3.700 €, terán a maiores un complemento como axuda do Concello de Quiroga. de 1.000 €. Con esta nova axuda o Concello de Quiroga pretende, en palabras do rexedor local, Julio Álvarez, “apoiar a un sector estratéxico que serve para manter a economía e a paz social do municipio”.

Esta axuda económica forma parte do I Plan de Axudas do Concello de Quiroga para traballadores autónomos e empresarios que tiveron que pechar os seus negocios e empresas afectados pola crise da covid-19. A primeira parte deste plan consistiu na exención do pago do recibo da auga e lixo do primeiro trimestre do 2021 a aqueles establecementos que tiveran que pechar polas medidas sanitarias da pandemia.

A segunda parte deste plan municipal, a parte económica, son os 1000 € que recibirá cada establecemento tras a firma do convenio con Vicepresidencia.