Skip to main content
Ribas de Sil

O Concello de Ribas de Sil estreará camión de basura a principios de maio

Por 27 Abril, 2021Maio 5th, 2021Sin comentarios

O Concello de Ribas de Sil contará cun novo camión da basura que se poñerá a funcionar dentro de 15 días. A inversión foi de 130.000€ e estivo financiada unicamente polos fondos do concello “unha axeitada política de contención de gasto e o aforro enerxético dos últimos anos xeraron os remanentes necesarios para facer inversións tan importantes coma o xeocamping, a adquisición da nave da Rúa do Sil, ou agora este novo vehículo”.

Para aproveitar o espazo da caixa do propio camión, o Concello decidiu aproveitalo para promocionar o xeoparque “Montañas do Courel” do que defenden o seu valor.