Skip to main content
Taboada

O PSOE de Taboada lembra que se poden solicitar trampas para as velutinas

Por 22 Abril, 2021Sin comentarios

Roi Rigueira anima á veciñanza “a que colabore recollendo as trampas e colocándoas, recomendando que se garden unha vez rematada a época de trampeo para reutilizalas en anos vindeiros”

O voceiro do PSOE de Taboada, Roi Rigueira, anunciou hoxe que a veciñanza de Taboada poderá solicitar no Concello ás trampas para facer fronte a praga da vespa velutina, gracias ao intenso traballo emprendido polo Grupo Socialista para erradicar este grave problema que afecta ao todo o municipio de Taboada.

O voceiro Socialista lembra que na pasada sesión plenaria do mes de decembro o Grupo Socialista de Taboada impulsou unha iniciativa, que foi aprobada por unanimidade, “coa que reclamamos a colaboración do Concello para trampear en primavera e eliminar as raíñas, xa que é o método máis eficaz de prevención contra esta especie invasora”. E este ano volvemos a insistir no Pleno do Concello, e agora as veciñas e veciños poderán solicitar as trampas nas dependencias municipais, tal e como xa anunciou nas redes sociais o propio Concello”.

Dende a Agrupación Socialista de Taboada “celebramos esta medida, que chega trala nosa insistencia na importancia de que as administracións colaboren para loitar contra esta especie invasora e tan perxudicial. Por iso dende aquí, animamos á veciñanza a que colabore recollendo as trampas e colocándoas, recomendando que se garden unha vez rematada a época de trampeo para reutilizalas en anos vindeiros”, explicou Rigueira.