Skip to main content
Sarria

A ITV agrícola estará en Sarria do 19 ao 27 deste mes

Por 5 Abril, 2021Decembro 13th, 2022Sin comentarios

A unidade móbil da Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas fará revisións a finais deste mes en Sarria. Será entre os días 19 e 27 de abril no mercado gandeiro.

Segundo informan desde a propia ITV, a unidade móbil estará no municipio do 19 ao 23 de abril e o servizo prestarase de 9.00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas, agás o 23 que o fará só de mañá. Á semana seguinte, a unidade volverá á localidade para facer máis inspeccións os días 26 e 27. O primeiro día durante toda a xornada, e o segundo só pola mañá.

As persoas interesadas en pasar a revisión aos seus vehículos agrícolas nesas datas en Sarria poden solicitar xa cita previa no teléfono 982 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com.