Skip to main content
Axenda SARRIAXASamos

A ITV agrícola estará en Samos e Castroncán a finais deste mes

Por 9 Abril, 2021Sin comentarios

A unidade móbil da Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas fará revisións a finais deste mes en Samos.

Segundo informan desde a propia ITV, a unidade móbil estará no campo da festa de Samos os días 23 e 26 deste  mes de abril. Prestará servizo en horario de 9.00 a 13.30 horas, e o segundo día tamén pola tarde, de 15.15 a 18.00 horas.

Os días 27 e 28, a unidade desprazarase á parroquia de Castroncán, onde tamén se ubicará no campo da feira. Alí fará as revisións dos vehículos agrícolas durante as dúas xornadas en horario de mañá e tarde, de 9.00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00  horas.

As persoas interesadas en pasar a revisión aos seus vehículos agrícolas nesas datas en Samos poden solicitar xa cita previa no teléfono 982 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com.