Skip to main content
Sarria

Sarria inicia unha campaña para concienciar sobre a recollida de excrementos

Por 18 Abril, 2021Abril 20th, 2021Sin comentarios

O Concello de Sarria iniciou unha campaña dirixida aos propietarios de cans na procura de que se recollan os excrementos das rúas e xardíns.

A campaña irá acompañada primeiro da concienciación e despois da esixencia no cumprimento da vixente Ordenanza de Limpeza e Protección Mediambiental do Concello, que considera infracción grave non proceder á limpeza de dexeccións de cans e outros animais, que poderá ser sancionada con multa de 200 euros e infracción leve non levar bolsas ou recolledor para a recollida das dexeccións dos cans, que poderá ser sancionada con 100 euros de multa.

“Os excrementos caninos constitúen un grave problema de saúde pública pois supoñen un perigo potencial de contaxio de enfermedades, sobre todo de nenas e nenos. Tamén representan un risco importante para a integridade física das persoas: ocasionan caídas e esvaramentos. E dificultan a calidade na prestación dos servizos de limpeza municipais: fan o traballo desagradable e deterioran a imaxe de Sarria. As cacas dos cans non son abono senón un veleno tóxico capaz de queimar o céspede”, explican.

Lembrámosvos tamén que na actualidade é obrigatorio que os cans teñan implantado un chip identificativo de acordo co disposto no artigo 12 da Lei 4/2017, de 3 de octubre, de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia. Non telo pode implicar multas de 500 euros, xa que en calquera momento un axente pode comprobar se o animal conta con este dispositivo e se non é así, expedir a sanción correspondente.

Todos os veterinarios e clínicas veterinarias existentes no concello implantan o microchip nos cans e debemos ter en conta que é imprescindible que o leven para identificalos en caso de perda, extravío ou para que o seguro do fogar se faga cargo de gastos por danos, tanto materiais como personais, causados polas nosas mascotas.