Skip to main content
Comarca SARRIAXA

O Servizo de Atención Temperá de Sarria recibe algo máis de 51.000 euros

Por 29 Abril, 2021Abril 30th, 2021Sin comentarios

A comarca de Sarria puxo en marcha un centro de Atención Temperá que atenderá aos sete concellos que a forman: O Incio, Láncara, O Páramo, Samos, Paradela, Triacastela e a propia Sarria onde estará situado. Para levar a cabo esta obra, a Xunta concedeu unha subvención de algo máis de 51.000 euros.

O centro, que deberá contar cun psicólogo coordinador, un maestro psicomotricista, un pedagogo e un logopeda, dirixirá os seus servizos a nenos e nenas que teñan unha idade comprendida entre os 0 e os 6 anos, que estean censados na comarca e que presenten trastornos no seu desenvolvemento ou que se encontren en risco de padecelos, mediante as intervencións necesarias e individuais en cada caso.

Veranse beneficiados por este servizo as familias e o entorno de calquera dos municipios referidos anteriormente, co fin de apoiar e fomentar un mellor desenvolvemento infantil.

O concelleiro de servizos sociais de Sarria, Benjamín Escontrela, explicou a importancia do servizo para as familias dos Concellos, xa que supón unha considerable mellora no desenvolvemento dos máis novos dos municipios e das súas familias, e con unha atención máis próxima, directa e personalizada que en outros servizos máis masificados. 

Escontrela destacou a implicación de todos os concellos para levar a cabo esta idea que surxiu no 2019 antes do inicio da pandemia. Polo momento descoñécese onde se ubicará dito centro.