Skip to main content
O Incio

O Incio mellorará accesos rurais co Plan Único

Por 25 Abril, 2021Abril 27th, 2021Sin comentarios

O Concello do Incio destinou parte do Plan Único da Deputación deste ano 2021 a mellorar o abastecemento de auga e o acondicionamento de viais do núcleo rural.

Así, do total de 291.113,03 euros, o Concello destinará unha partida de case 52.000 euros a traída de augas de A Cruz do Incio, Saa e Pousafoles, para a súa mellora.

Outra cantidade similar usarase para a pavimentación en Saa e Pacios, así como en Goó, Martín, Calvos, Vilasouto e Viladecias nos que se mellorarán os accesos a estes camiños por un total de preto de 115.000 euros.

Por outra banda, está previsto destinar uns 6.000 euros para eventos como o Rally Terras do Incio ou a promoción turística do Concello; 3.000 euros na compra de equipos informáticos, 25.000 euros para o SAF, 40.116 euros na contratación de persoal, e 10.000 euros para emerxencia sanitaria do coronavirus.