Skip to main content
Láncara

Val de Láncara organiza un roteiro o sábado

Por 15 Abril, 2021Decembro 13th, 2022Sin comentarios

A asociación cultural Val de Láncara organiza un percorrido pola Ruta do Camiño Real o vindeiro sábado, día 17.

O punto de encontro dos participantes será ás 10.00  horas na Casa Enriqueta da localidade para logo, ás 10.45 horas, iniciar o percorrido desde O Furco. Neste lugar é onde entroncan os concellos de Becerreá, Triacastela e Láncara.

O roteiro pódese facer andando ou en bicicleta, e os organizadores lembran a obriga de facer uso da máscara sanitaria en todo momento.