Skip to main content
Paradela

Paradela recibirá desfibriladores tras un convenio coa Cruz Vermella

Por 30 Abril, 2021Sin comentarios

O Concello de Paradela ven de firmar un convenio coa Cruz Vermella polo cal recibirá varios desfibriladores semiautomáticos, converténdose desta maneira nun concello cardioprotexido.

Ademais tanto persoal do concello como colectivos sociais asistirán a un curso para o seu manexo. O primeiro deles está dirixido a oito persoas que recibirán, ademais da formación, un diploma.