Skip to main content
Samos

Samos aproba un orzamento de preto de 1,2 millóns de euros

Por 6 Abril, 2021Abril 7th, 2021Sin comentarios

O Concello de Samos aprobou este luns o orzamento municipal para este ano, que ronda os 1,2 millóns de euros, o que supón 34.000 euros máis que o ano pasado. O pleno deu luz verde ás contas cos votos a favor do equipo de goberno, do PSOE, a abstención do PP e a oposición do BNG. O concelleiro adscrito non puido asistir á sesión.

Entre os proxectos previstos para a presente anualidade, o goberno local salienta a construción dunha praza ao carón do paseo do mosteiro co fin de dar un maior pulo ao Camiño Francés na localidade. O Concello traballa xa na memoria do proxecto para remitila á Dirección Xeral de Patrimonio.

Por outra banda, a corporación amosou o respaldo unánime á moción da alcaldía para rexeitar o cambio a turno rotatorio do ciclo superior de sistemas de telecomunicacións do IES Gregorio Fernández.

Menos acordo houbo na moción presentada polo PP solicitando medidas de apoio ao sector da hostalería e o comercio no municipio para paliar as consecuencias da pandemia da covid. O goberno local rexeitou a moción alegando que nestes momentos “non é viable” e que en todo caso se estudiará máis adiante en función do remanente de tesourería.