Skip to main content
Samos

O Concello de Samos destina máis de 700.000 euros a renovar o alumeado público do municipio

Por 13 Abril, 2021Abril 15th, 2021Sin comentarios

O Concello de Samos vén de recibir unha subvención de case 582.000 euros do Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (Idae), dependente do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico, para a renovación do alumeado de todo o municipio. O coste total da actuación ronda os 730.000 euros.

O proxecto contempla a renovación dos 1.238 puntos de luz do concello, que pasarán a ser de tecnoloxía led, así como dun cento de cadros eléctricos co fin de adaptalos á normativa da Comunidade Europea vixente.

Desde o goberno local aseguran que este cambio no alumeado suporá non só “mellorar moito a calidade da luz”, senón tamén un aforro enerxético “do 53%”.