Skip to main content
Sarria

A CHMS saca a información pública o proxecto de mellora do saneamento

Por 23 Abril, 2021Abril 26th, 2021Sin comentarios

A CHMS, Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, somete a información pública (IP) o Proxecto de construción de actuacións de mellora do saneamento e da EDAR de Sarria (Lugo), actuación cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirregional de  España 2014-2020.

O período de información pública, 20 días hábiles, irá do 22/04/2021 ao 20/05/2021  (ambos inclusive), tal e como publican o BOP de Lugo do mércores, 21 de abril, e o  BOE do luns, 19 de abril de 2021.

O Proxecto

A actuación consiste na substitución do colector da marxe esquerda do río Sarria dende a rúa Calvo Sotelo ata a rúa Greco e un tramo do colector xeral  dende esta última ata o novo dispositivo de retención, que servirá para controlar o  caudal de entrada á depuradora, executando así un total de 1.000 metros de  colector. Na EDAR instalaranse novos equipos e actualizaranse os existentes  para mellorar o seu funcionamento.