Skip to main content
Sarria

Luz verde ao paso elevado para peóns en O Mazadoiro

Por 27 Abril, 2021Abril 29th, 2021Sin comentarios

O Goberno central presidido por Pedro Sánchez respondeu por escrito a unha pregunta realizada pola deputada socialista de Lugo, Ana Prieto, e o deputado Javier Cerqueiro, sobre a construción dun paso elevado sobre a vía do tren que comunique o barrio de O Mazadoiro con núcleo urbano de Sarria. O Executivo da luz verde a esta infraestrutura que rematará cunha demanda histórica da veciñanza deste barrio da vila lucense. Tratarase dun paso elevado peonil de uso mixto, que permitirá a comunicación entre ambas plataformas da estación, e ao mesmo tempo contribúe a “mellorar a permeabilidade urbana”, conectando o núcleo urbano de Sarria co barrio de O Mazadoiro. 

Tal e como afirman os representantes socialistas da provincia de Lugo e segundo lle trasladaron dende o Goberno, a construción deste paso elevado para peóns está incluído dentro do proxecto de tratamento de plataformas nas estacións do tramo Monforte de Lemos – Lugo (liña 800), “cuxas obras foron licitadas este mesmo mes de febreiro cun orzamento total de 4,42 millóns de euros”.

Prieto e Cerqueiro congratúlanse de que o Goberno de resposta positiva a unha “demanda histórica” da veciñanza do Mazadoiro que segundo apuntan “leva anos reclamando esta construción”.  Un paso elevado coa que veciñanza poderá salvar as vías do tren e “mellorará de forma notoria a comunicación e permeabilidade coa centro urbano, algo que a veciñanza reclamaba dende fai anos e que gracias a nosa iniciativa será unha realidade”.

“Con esta construción, mellorase tamén a seguridade dos residentes deste barrio de Sarria, que poderán salvar as vías do tren con total tranquilidade”, explican os representantes do PSdeG-PSOE de Lugo no Congreso dos Deputados. Cabe lembrar que o peche total da parte frontal da estación de ferrocarril de Sarria, sita no Mazadoiro limitou e dificultou durante anos o acceso ao centro dos veciños e veciñas do barrio. 

Os socialistas presentaran en febreiro unha pregunta para a súa resposta por escrito na que lle cuestionaban ao Goberno sobre “a previsión da construción dunha pasarela para peóns que comunicase o barrio do Mazadoiro co núcleo urbano de Sarria, así como orzamento da obra e obxecto da mesma”. Con esta resposta o Goberno “volve a amosar o seu compromiso coa provincia de Lugo, dando resposta a novas demandas históricas e facilitando o día a día da veciñanza”, finalizan os socialistas.