Skip to main content
Triacastela

Avanzan as obras para ampliar a ruta á capela de San Mamede, en Triacastela

Por 3 Abril, 2021Abril 4th, 2021Sin comentarios

Ao remate dos traballos, poderase facer un percorrido circular ata a capela

En Triacastela, avanzan os traballos que se están levando a cabo para ampliar a ruta de San Mamede e que contan cun investimento de preto de 13.000 euros. Cando as obras estean rematadas poderase facer un percorrido circular ata a capela.

O roteiro, que ten actualmente uns 2,5 quilómetros de lonxitude, une a capitalidade municipal coa capela de San Mamede. A ampliación que se está levando a cabo permitirá facer un percorrido circular para ir ata a capela, na que cada 17 de agosto se celebra a festividade deste santo.

A ruta de San Mamede, que se habilitou no ano 2019, discorre pola serra do Oribio e ao longo do seu percorrido atópanse distintas construcións típicas da zona, como antigas alvarizas, que se empregaban para protexer as colmeas do mal tempo e da depredación dos animais.

Os traballos que se están a executar,  en zonas de Rede Natura, contan cunha axuda do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.