Axenda LUGOXAAxenda TERRACHÁXACastro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

Abre unha exposición de fotografía en Castro Ribeiras de Lea

Por 6 Abril, 2021Sin comentarios

A biblioteca de Castro de Ribeiras de Lea abre hoxe a exposición fotográfica Auga. O sangue da terra, de Manuel Valcárcel, que poderá visitarse ata o próximo día 30, de forma libre e gratuíta, de luns a venres de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas.

Esta iniciativa é posible grazas á colaboración, a través do proxecto Corrente Cultural, entre o Concello de Castro de Rei, Abanca e Afundación.

A exposición realiza un percorrido pola relación do ser humano coa auga en distintas culturas mediante fotografías nos cinco continentes.

Manuel Valcárcel retrata lugares tan remotos como Nova Zelandia, India, China, Níxer, o deserto de Atacama ou a
conca do río Lor.