Skip to main content
Agro TERRACHÁXACospeito

A organización lembra a Moexmu con actividade nas redes sociais

Por 9 Abril, 2021Sin comentarios

Durante esta fin de semana, días 9, 10 e 11 de abril, tería lugar a XXXVII edición da Moexmu-Mostra Exposición de Muimenta, celebración que foi suspendida pola organización debido á crise sanitaria. Desde xeito, o recinto feiral Manuel Vila de Muimenta, estará valeiro estos días.

Se as condicións sanitarias melloran ao longo destos meses, no descartan, en colaboración con Africor, levar a cabo unha poxa, para desenvolver algunha actividade vinculada á feira.

Mentres tanto, a organización da Moexmu anima aos veciños, visitantes, expositores, gandeiros, Administracións, colaboradores etc. que edición tras edición participaron dalgunha maneira coa Moexmu e coas actividades que integraban o seu programa, a colgar fotos nas súas redes (#moexmu #muimenta) ou facilitar as súas ideas e propostas para a Moexmu nas nosas redes sociais ou no email (moexmu@gmail.com).