Skip to main content
Agro TERRACHÁXA

Reportaxe: O leite mola! Xa o dicía a canción

Por 20 Abril, 2021Sin comentarios

De onde veñen o leite e os produtos lácteos que se comercializan e que tomamos nas nosas casas?

O leite é unha gran fonte de calcio, magnesio e fósforo e aporta gran cantidade de proteínas, e hai moitos estudos que amosan os beneficios para a saúde.Por iso é necesario saber a súa procedencia. En Granxa Grixeiras de O Arneiro, Cospeito, Zeltia González e Pepe García están ao fronte da explotación que está a suministrar o leite para o queixo que unha coñecida cadea de alimentación rápida utiliza para as súas elaboracións e que a súa vez é responsabilidade de Queserías Entrepinares, outra empresa chairega. A explotación era dos avós de Pepe e agora eles crían as vacas que producen os preto de 5.700 litros de leite diarios que envían a Entrepinares en Vilalba.

A explotación, de produción intensiva, robotizouse este ano para facer máis cómodo o traballo dos 5 empregados e a actividade e vida dos animais. Grixeira ten 260 vacas e conta cunhas 155 en produción leiteira. As outras son de recría e de seca, é dicir, que lles faltan uns meses para parir e están descansando.

Zeltia comenta que “as granxas son moi importantes para o rural, senón hai actividade agrícola ou gandeira morría toda a zona”.

A Casa Codesal de Friol é unha granxa de leite ecolóxica, o que significa que a alimentación dos animais é maiormente en base ao pasto que é todo 100% ecolóxico, dispoñen tamén de silo de herba e algun cereal ecolóxico como pode ser de cebada, trigo ou millo”, di Xosé Antonio, propietario da granxa.

Contan con 95 animais dos cales hai 60 en produción e o resto están en reposo e recría de diferentes idades. Estes animais disfrutan de 74 hectáreas de granxa. Estas son frisonas de leite e algúns cruzamentos Montbéliarde, Roja Sueca e Jersey.

“O leite ecolóxico obtense de vacas que non teñen estrés e viven relaxadas, que pasan o maior tempo posible nos prados e que teñen unha alimentación 100% ecolóxica”, di Xosé, “a produción de leite é menor que na intensiva, pero ten un maior nivel de Omega3. Pero o máis importante é todo o que non leva, xa que non se atopará ningún resto de pesticidas, fertilizantes químicos ou herbicidas, é dicir, é un leite moito máis saudable”.

Estas vacas producen 1200 litros de leite ao día ou, o que é o mesmo, 20 litros ao día por vaca, que se destinan a Casa Grande de Xanceda.

A esta granxa non lle afectou moito a pandemia no seu traballo diario, aínda que restrinxíronse as visitas de persoas e sempre tendo en conta as medidas sanitarias. “Afectounos na venda dos xatos, xa que o prezo diminuiu considerablemente e houbo momentos que non había demanda, por que  non había feiras e houbo unha baixada no consumo, supoño que eses foron os motivos”, remata dicindo Xosé Antonio.