Skip to main content
Agro TERRACHÁXA

Reportaxe: Do bo goberno da auga de rega

Por 26 Abril, 2021Sin comentarios

É imprescindible conservar os ecosistemas porque sustentan a nosa saúde e a nosa economía

Autores: Tomás S. Cuesta García, Director da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC, e Xan Neira Seijo, Profesor Titular da USC.

Un ecosistema é un conxunto de organismos vivos que comparten un mesmo hábitat,  por tanto, a concepción da  especie humana como dominador da natureza ten conducido a inevitables desequilibrios. Os servizos ecosistémicos, que resultan do propio funcionamento dos ecosistemas,  son aqueles beneficios que un ecosistema achega á sociedade e que melloran a saúde, a economía e a calidade de vida das persoas. Son exemplos diso a produción de auga limpa, a formación de chan, a regulación do clima por parte dos bosques, a polinización, etc.

É imprescindible conservalos porque sustentan a nosa saúde, a nosa economía e a nosa calidade de vida. Cando non somos capaces de conservalos, a súa degradación conduce a prexuízos significativos no benestar humano.  Adoitan utilizarse como indicadores da calidade da nosa interacción coa contorna.

Existen catro tipos distintos de servizos ecosistémicos, segundo o beneficio que ofrezan:

1. Os servizos de aprovisionamento son aqueles referidos á cantidade de bens ou materias primas que un ecosistema ofrece, como a madeira, a auga ou os alimentos.

2. Os servizos de regulación son aqueles que derivan das funcións crave dos ecosistemas, que axudan a reducir certos impactos locais e globais (por exemplo a regulación do clima e do ciclo da auga, o control da erosión do chan, a polinización…).

3. Os servizos culturais son aqueles que están relacionados co tempo libre, o lecer ou aspectos máis xerais da cultura.

4. Os servizos de soporte, como a biodiversidade e os procesos naturais do ecosistema, que garanten boa parte dos anteriores.

Estes servizos, por tanto, combinan a preservación do medio natural á vez que se fai un uso e desenvolvemento sostibles.

O sector da agricultura é recoñecido como o maior usuario de auga no mundo. A agricultura utiliza actualmente  no mundo entre o 60 e o 70% da auga doce, unha cifra que pode incrementarse até un 19% en 2050 segundo a UNESCO. Dentro da agricultura, o uso da auga nas operacións de rega é o sobranceiro. A auga, se ben non está sometida a esgotamento a nivel global, pode ser escasa e  contaminada a nivel local, ademais adoitase a non utiliza eficientemente. Isto motiva a urxente necesidade de mellorar a eficiencia do uso da auga e o rendemento dos cultivos baixo rega.

DO GLOBAL AO LOCAL. Baixando do global ao máis local, podemos tomar como referencia o goberno da auga de rega  na Terra Chá

Hai anos  o debate era se cumpría a rega na zona húmida, co paso do tempo este xa non é o debate, a necesidade e a utilidade da rega xa é maioritariamente aceptada.

Na Táboa 1 podemos observar a comparativa entre secaño e regadío coas dúas produción más representativas.

A marxe de beneficios custes sae do orde de 500 €/ha.  Así pois a rega é unha opción a considerar.

Algunha das comunidades de regadores da zona (Rio Miño-Rio Pequeno) dispón desde hai máis dunha decena de anos, de obras de modernización, que lle permiten o goberno máis racional da auga. Este bo goberno é importante desde o punto de vista económico, mais tamén o é desde o punto de vista social e ambiental, como anteriormente se puxo de manifesto ao referírmonos aos servizos ecosístémicos.

Interpretar correctamente que cantidade de auga a aportar pode ter unha compoñente da experiencia do regador, mais para complementala é aconsellable a incorporación de ferramentas técnicas que axuden na elección máis axeitada da dose.

Na Táboa 2 presentase, para unha serie climática de 30 anos -dos 60 aos 90 do pasado  século-, un calendario probabilistiño de necesidades de rega.

QUE LECTURAS SE PODEN FACER DESTES DATOS?

A grande variabilidade  das doses netas de rega a aportar, que van desde o entorno de 60 a 297 l/m2 anuais.

A importancia de cuantificar as precipitacións estivais e non traballar con calendarios medios  de rega anuais.

Que aínda existindo precipitación en “exceso”, isto non determina en absoluto a inoportunidade da rega. De feito para a serie considerada a rega, en maior ou menor contía, sempre era unha oportunidade.

Cómpre regar do mellor xeito, para iso é precisos coñecer o noso solo, saber cal é a dose a aportar, coñecer o calendario do cultivo e utilizar os datos climáticos para satisfacer as demandas dos cultivos.