Skip to main content
Abadín

Organizan en Abadín un curso de hixiene postural

Por 14 Abril, 2021Sin comentarios

A Escola Galega de Saúde para Cidadáns, en colaboración co Concello de Abadín, vai a celebrar un curso de Mobilizacións e hixiene postural.

Nel tratarase principalmente sobre técnicas de mobilización e traslado de pacientes e sobre seguridade e ergonomía e a hixiene postural do coidador.

Os obxectivos deste curso son mellorar a información e comprensión da enfermidade por parte dos pacientes, familiares e cidadáns en xeral e proporcionar ás persoas coidadoras as habilidades e coñecementos necesarios para mellorar a calidade de vida no ámbito familiar. Por último inclúense fomentar a autonomía a todas as persoas da familia.

O curso terá unha duración de catro horas horas e será gratuíto.

A consecuencia do covid-19 o curso poderase levar a cabo de forma presencial ou on line. A modalidade de impartición do curso dependerá do número de persoas inscritas.

Para inscribirse poderán dirixirse aos Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Abadín ou chamando ao número de teléfono 982 508 021.