Skip to main content
Begonte

Abre o prazo para as axudas para material e transporte escolar en Begonte

Por 4 Abril, 2021Abril 5th, 2021Sin comentarios

O Concello de Begonte vén de abrir o prazo de presentación de solicitudes para as axudas a escolares deste municipio e que van dirixidas a todos os estudantes do termo municipal. As axudas están divididas en dúas convocatorias diferentes, por unha banda, as axudas de material e pola outra as de transporte escolar.

As axudas para material escolar están dirixidas a escolares de Infantil, Primeira e ESO que estuden no Concello de Begonte e os alumnos de Educación Infantil e Primaria de Saavedra e Uriz, escolarizados en Rábade.

Tamén terán a consideración de beneficiarios os alumnos empadroados en Begonte que cursen estudios no I.E.S de Rábade ou noutros centros educativos públicos ou concertados, no curso académico 2020-2021.

Estas axudas, que se conceden en función da renda, teñen un máximo de 120 euros e van destinadas á compra de material escolar. Enténdese por material escolar: fichas de traballo de educación infantil, mochilas, cadernos, dicionarios e outros materiais directamente relacionados co desenvolvemento das actividades formativas escolares.

Respecto ás axudas ao transporte escolar durante o curso actual, están dirixidas aos estudantes que cursen estudos de bacharelato, ciclos formativos de grao medio e superior, ou estudos universitarios, co fin de contribuír a paliar o gasto diario ou semanal, que os xoves estudantes teñen como consecuencia do seu traslado a outras localidades para cursar os referidos estudos.

Teñen como requisito estar matriculados actualmente no Concello e Begonte que cursen os estudos superiores e que non teñan xa transporte gratuíto para o desprazamento ao centro educativo.

Os beneficiarios contarán cunha axuda de entre 100 e 200 euros dependendo da distancia do seu centro.

O prazo de presentación da documentación necesaria para o outorgamento destas axudas nos dous casos rematará o 22 de abril. Esta pode facerse a través da sede electrónica do Concello.