Skip to main content
Begonte

Nova concentración de pais en Baamonde polo peche do colexio

Por 6 Abril, 2021Sin comentarios

A Anpa do Ceip de Baamonde continúa coas súas mobilizacións en contra do peche do colexio, e este xoves está convocada unha nova concentración no exterior do centro educativo.

Así, promoverá a partir das 17.00 horas un acto simbólico no que se colocarán e acenderán unhas velas nos valos do colexio, cos nomes de cada un dos 30 alumnos que cursan os seus estudos en Baamonde.

Esta é unha máis das actuacións que contempla a anpa para evitar o peche do colexio ao final deste curso escolar co obxectivo de reunificar os centros en Begonte e ocupar o de Baamonde cunha escola de música.

Os pais teñen previsto continuar coas súas concentracións ata o final.