Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

Constrúen un aparcadoiro diante do colexio Ramón Falcón de Castro

Por 28 Abril, 2021Sin comentarios

O Concello de Castro de Rei comezou as obras de construción dun aparcadoiro diante do colexio Ramón Falcón. Trátase dun espazo público para contedores e para que os coches que aparcan na acera o fagan alí.

Actualmente estase desescombrando pero aínda tardará en estar listo.

Pola súa banda, os socialistas de Castro de Rei felicitan ao Goberno Municipal pola esta área de aparcadoiros. O voceiro socialista, José Luis Tellado, lembra que na sesión plenaria do pasado mes de xullo do 2019, o Grupo Socialista propuxo nunha emenda in voce, para que se destinara este espazo para este fin.

Tellado advirte que ao PP de Castro de Rei por aquelas datas non lle parecerá axeitado este emprazamento e rexeitara esta proposta. “Pero unha vez máis o sentido común volta a poñernos a cada un no seu lugar, e o que antes non valía, hoxe parece ser unha realidade, por iso congratulámonos deste cambio de postura aínda que chegue 2 anos tarde”, replicou.

O Grupo Socialista de Castro de Rei propuxo a zona de aparcadoiros do Colexio Ramón Falcón “pola gran afluencia de servizos que se concentran nesta zona, como son o colexio ou a residencia, dous puntos no que se reúnen moitos usuarios e usuarias. Polo tanto esta nova dotación de aparcadoiros é algo que precisabamos á veciñanza, e valoramos o cambio de actitude do Goberno do PP”, dixo Tellado.