Skip to main content
Cospeito

Convocado un concurso de fotografía con motivo da Festa da Filloa de Muimenta

Por 21 Abril, 2021Sin comentarios

Vai ser o segundo ano, que o Recinto Feiral Manuel Vila non acolla presencialmente a Festa da Filloa de Muimenta – Festa de Interese Turístico de Galicia.

Pero dende a Moexmu convocan un concurso de fotografía, coa temática da filloa, que repartirá un total de 150,00 euros entre as dúas fotos máis votadas.

Podrá participar calquer persoa maior de idade, cun máximo de dúas fotos, aínda que só podrá gañar un premio

As fotos, con cámara ou móbil, deben inscribirse entre o 24 de abril e o 2 de maio, co título que elixa o participante e enviadas ao enderezo electrónico (moexmu@gmail.com).

A temática é a filloa – en calquer punto da súa elaboración, da igual dende que se prepara o amoado ata que son degustadas (pero nas fotos non poden aparecer imaxes de persoas)

As votacións terán lugar entre o 3 e o 17 de maio. As dúas fotos con máis likes serán as gañadores dos vales por valor de 90,00 e 60,00 euros, respectivamente, a gastar nos negocios de Muimenta.

Posteriormente xestionarase a entrega de premios aos dous gañadores