Skip to main content
Cospeito

Un pasarrúas animará a xornada festiva de mañá en Feira do Monte

Por 30 Abril, 2021Sin comentarios

Un ano máis, a pandemia do coronavirus impedirá a celebración das festas patronais de Feira do Monte. O que se mantén é un pasarrúas, o día 1, a cargo de Asubíos da Chaira.

Se o tempo acompaña, sairán ás 12.00 do consistorio para percorrer as principais rúas da vila. “En caso de mal tempo, aplicaremos un plan B para que os noso fogares non queden sen música”, din dende o grupo musical.