Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

Suspenden a celebración do Friulio 2021

Por 13 Abril, 2021Sin comentarios

Á vista da evolución dos acontecementos en relación coa situación sanitaria e despois de manter unha reunión con membros da Xunta Directiva de A Castronela, o Alcalde José Ángel Santos, xunto co Presidente da mesma José Antonio Viña, deciden suspender a IV edición do Friulio 2021 que se celebraría os días 8 e 9 de maio.

Para tomar esta decisión, ambas entidades estudiaron toda as consecuencias, a primeira e a máis importante, a saúde, tanto da poboación do propio municipio como dos visitantes, e por suposto, as recomendacións dos expertos sanitarios para preservar a mesma.

Este evento podería reunir miles de persoas, en nun contacto bastante directo, para participar e desfrutar de todas as actividades que estaban previstas na programación da edición de este ano. As dúas entidades consideran que non sería responsable seguir adiante cos preparativos e permitir dita celebración.

Toman a decisión seguros de que tanto os veciños do municipio de Friol, como o resto de persoas que tiñan pensado acercarse para desfrutar de este evento, entenden perfectamente que se dea este paso, polo ben común e para tratar de preservar o actual estado sanitario da poboación de Friol e da Comunidade en xeral.

“Tanto a Asociación de Recreación Histórica A Castronela como o equipo de Goberno do Concello, somos coñecedores da importancia do Friulio para o municipio de Friol e a súa poboación, pero ante esta dura situación sanitaria debemos repetir a decisión adoptada na pasada edición do ano 2020, sempre actuando desde a responsabilidade e con coherencia, en beneficio da poboación e visitantes que durante as dúas xornadas nos acompañarían, somos conscientes dos prexuízos que con leva dita suspensión, pero o prioritario en estes momentos é reducir ao mínimo calquera posibilidade de contaxio do virus” comenta o Alcalde, José Á. Santos.

“De esta forma, desde o Concello de Friol e A Castronela colaboramos na restrición de movementos para tratar de evitar a súa masificación. Se todos mantemos a responsabilidade individual e colectiva, seguindo as indicacións dos nosos expertos sanitarios, seguro que en pouco tempo, toda esta situación que estamos vivindo dende fai máis de un ano, mellorará considerablemente, e poderemos celebrar e desfrutar da próxima edición de esta festa castrexo-romana no noso pobo. Entendemos que con esta postura tamén axudamos ao sistema público de saúde, que está facendo unha labor envexable, e non debemos facer que todo ese enorme traballo que levan feito se vexa anulado” subliña o rexedor.