Skip to main content
Axenda Caducada

Friol acolle a exposición O fin do camiño

Por 16 Abril, 2021Abril 27th, 2021Sin comentarios

O Concello de Friol acollerá no seu Centro Colaborativo a exposición “O Fin do Camiño”, que ten como obxectivo principal o de falar e promover a reflexión e o diálogo precisamente sobre “o fin” do Camiño de Santiago, o obxectivo que move a unha persoa a percorrer o Camiño. Falamos polo tanto da parte máis íntima e persoal do Camiño, do aspecto espiritual da Vía e do Camiñante. Este proxecto conta co apoio da Xunta de Galicia a través do programa “O teu Xacobeo”. 

É o Colectivo Egeria, asociación lucense sen ánimo de luco, o que está a promover este proxecto, que esta ocasión viaxará ata Friol.

É unha exposición itinerante, que en 2019 percorreu o Camiño Francés en sentido inverso, chegando a Santiago de Compostela, O Pino, Arzúa, Melide, Palas, Portomarín, Paradela, Sarria, Samos, Triacastela e O Cebreiro. Este ano pretende percorrer os concellos da provincia de Lugo polos que pasan os Camiños Primitivo, Norte, Inverno e Vía Kunig.

O contido da exposición son 10 paneis impresos por ambas caras, que estarán expostos ao público que queira acercarse a velos, dende o próximo martes día 20 ata o seguinte martes día 27 de este mes de abril, en horario de 9:00 a 15:00 horas de lunes a vernes, e o sábado de 10:00 a 19:00 horas.